Devolucións

Dereito de revogación

As persoas residentes na Unión Europea teñen garantido por lei o dereito a desistir do contrato de compra dun produto durante 14 días naturais. Podes devolver calquera produto desde o día en que ti ou unha terceira persoa que indiques (e que non sexa o transportista) recibades o produto mercado ou o último artigo do pedido (en caso de entrega dun mesmo pedido en varios envíos). Este dereito é aplicable a todos os nosos produtos.

Ten en conta que os custes de devolución corren pola súa conta a menos que se lle envíe o produto por erro, ou no caso de que este estivese danado ou defectuoso.

Como devolvernos os produtos?

Debes enviarnos unha mensaxe por correo electrónico a soporte@ecovai.com ou por fax ao +34 981 549 610.

Pica na seguinte ligazón para descargar o modelo de formulario de devolucións https://ecovai.com/storage/uploads/formulario-devoluci-ns.pdf

Unha vez que teñamos constancia de que queres facer unha devolución, facilitarémosche un enderezo ao que debes facernos chegar os produtos que xa non queiras.

Condicións dos produtos devoltos

Os produtos deben estar en perfectas condicións, conservar as súas etiquetas orixinais, así como a súa embalaxe e - no seu caso - documentación e elementos accesorios orixinais, tamén en perfectas condicións.

Se a devolución do produto se fai sen a embalaxe orixinal, DIOIVA INICIATIVAS S.L. resérvase o dereito a non reembolsar o importe íntegro pagado se a súa ausencia ou o seu defecto supón unha depreciación no seu prezo.

Unha vez recibida a mercadoría, comprobaremos que se cumpren todos os requerimentos anteriores. En caso afirmativo, DIOIVA INICIATIVAS S.L. procederá a devolver o importe dos produtos do seu pedido e os gastos de envío, así como os gastos de contrareembolso.

Forma de pagamento das devolucións

O xeito de recibir o reembolso dos teus cartos dependerá de como pagaras previamente o teu pedido:
  • se o pedido se pagou contra-reembolso ou por transferencia, farémosche unha transferencia bancaria;
  • se foi pagado con tarxeta de crédito, aboarémosche o importe directamente na tarxeta;
  • se o fixeches a través de PayPal, aboarase de novo nesa conta.

Garantía legal

Dende DIOIVA INICIATIVAS S.L. ofrecémosche unha garantía legal de 2 anos desde a entrega do produto, conforme ao previsto na normativa de consumidores e usuarios.

En caso de que un produto sexa defectuoso, DIOIVA INICIATIVAS S.L. procederá, segundo corresponda, á reparación, substitución, rebaixa do prezo ou resolución do contrato, xestións que serán gratuítas para a persoa consumidora e usuaria. DIOIVA INICIATIVAS S.L. responde as faltas de conformidade que se manifesten nun prazo de dous anos desde a entrega. O cliente deberá informar da falta de conformidade no prazo de dous meses desde que tivo coñecemento dela.

Se queres saber mais sobre os dereitos dos consumidores, podes facelo aquí: