Quen somos

Ecovai é unha marca comercial que pertence desde o ano 2014 a DIOIVA INICIATIVAS S.L.

Está formado por un equipo de persoas preocupadas pola ecoloxía, o medio ambiente, a saúde e o benestar. Impulsamos este espazo de venda online onde se poden atopar produtos ecolóxicos e naturais que respectan ao máximo o medio ambiente, tanto nas materias primas que empregan como no seu proceso de fabricación, as persoas e a súa contorna.

Apostamos especialmente por pequenas marcas artesanais, cooperativas e pequenos produtores locais. Pretendemos que esta sexa unha plataforma útil para dalos a coñecer, o noso obxectivo é o de axudar e contribuír con estes produtores para que o consumo do seus artigos se divulgue e aumente. Sempre coa idea de que este aumento de consumo beneficie a todo o mundo (produtores, distribuidores, consumidores...).

Ao mesmo tempo, no noso catálogo tamén se poden encontrar marcas máis comerciais que, ademais de estar totalmente consolidadas, son cada vez máis demandadas por un público que aposta por un consumo responsable.