Baetas microfibra multiusos (azul).

Referencia: flx14003

Para unha limpeza ecolóxica, rápida e con acabados inmellorables só necesitas as nosas baetas para a limpeza da cociña, baño ou limpeza en xeral feitas de microfibra.

A microfibra é un tecido tecnolóxico, unha fibra sintética, extremadamente fina (100 veces inferior a un cabelo humano) que ofrece gran adherencia, capacidade de arrastre e unha completa eliminación da sucidade da superficie.

Non require do uso de deterxentes. A auga rebrandece a sucidade e actúan desincrustando e recollendo esa sucidade, sendo capaces de eliminar un 99% de microorganismos nas superficies.

Aforra tempo, esforzo e diñeiro ao reducir as accións de enxabonar, fregar, aclarar e secar, a unha única acción. .

Ao non requirir o uso de produtos químicos, axuda a preservar o mediobambiente. Evita as alerxias que estes poden producir na pel, así como o risco de intoxicacións.

Recoméndase utilizar en seco para a absorción de líquidos e o po ou lixeiramente humedecida para arrastrar máis sucidade. Consegue unha limpeza efectiva mesmo só con auga. Despois do seu uso, non é necesario secar as superficies con outra baeta. É ideal para reservar unha cor por uso, e non deixa cercos nin a molesta peluxe.

Pódese lavar a man ou a máquina (até 60º), sen medo de que desprenda cor ou tecido. Non se recomenda o seu uso sobre superficies a alta temperatura.

1,95€

Queres deixar un comentario?