Papel de Armenia, 12 unidades.

Referencia: fbba14001

Inventado hai máis de 120 anos, o popular Papier d'Arménie componse de tiras recortables de papel marrón suavemente perfumadas. Sempre se produciu no mesmo taller, en Montrouge, segundo os mesmos métodos artesanais que cando se inventou.

A resina de "benjuí" dálle a súa fragrancia única, sen esa resina, non se tería convertido no que é hoxe.

Auguste Ponsot descubriu as propiedades desinfectantes da resina de "benjuí" durante unha viaxe a Armenia e decidiu "importalas" a Francia. Renomeado desde a antigüidade polas súas propiedades antisépticas, cicatrizantes e expectorantes, o bálsamo de *"benjuí" usábase, en uso externo, no tratamento da asma, da tose e dos enronquecimentos.

Purifica e perfuma o aire das casas, suprime todos o malos cheiros, tabaco, fritura, cheiro a gatos, etc.

Non é preciso acendelo, introducido en armarios, caixóns, etc., desprende un perfume agradable e é eficaz contra trazas, mosquitos...

Separar unha tira do libriño, dobrala en forma de acordeón, acendela e enseguida soprar lixeiramente evitando a chama. Colocala nun queimador ou similar.

3,25€

Sentímolo, pero xa non dispoñemos de stock

Queres deixar un comentario?