Pastillas para lavalouzas. Biobel 25 unidades

Referencia: flbiobel 14016

Pastillas para o lavalouzas feitas a base de ingredientes naturais libres de fosfatos e cloros e con aceite esencial de laranxa. Eliminan a sucidade máis incrustada, deixando os pratos brillantes e limpos. Grazas á súa innovadora formulación lava ben mesmo a baixa temperatura.

As pastillas Biobel combinan a eficacia limpadora dun potente lavalouzas cun coidado especial que respecta o medio ambiente e protexe a saúde grazas aos seus ingredientes de orixe natural.

Beltrán Hermanos é a primeira empresa española en fabricar unha completa gama de xabóns ecolóxicos certificados para o lavado da roupa e outra de produtos de limpeza do fogar certificada por Ecocert, que ademais coidan da saúde da nosa pel e do medio ambiente. A liña ecolóxica Biobel é a encargada de levar esta tarefa ao seu fin, todos os seus produtos están elaborados exclusivamente con ingredientes de orixe vexetal, evitando o uso de derivados do petróleo e reducindo ao máximo a cantidade de químicos nas súas composicións. Non conteñen determinadas sustancias como fosfatos, encimas, branqueadores ópticos, colorantes artificiais, perfumes sintéticos e ingredientes petroquímicos... Tampouco presentan ingredientes de orixe animal, e ningunha das súas fórmulas foi ensaiada ou experimentada con animais. Son biodegradables.

9,70€ 8,23€

Queres deixar un comentario?